Un libro imprescindible na biblioteca de calquera amante da novena arte. Algunhas fontes considérano a primeira novela gráfica da historia responsable da emerxencia e consolidación internacional deste xénero editorial. Will Eisner, pai dun dos primeiros superheroes do cómic, Spirit, sérvese da súa propia experiencia vital para narrar o estilo de vida do Bronx, un barrio situado na periferia de Nova York, despois da crise económica máis importante do século vinte, o Crack do 29.
↧