Quantcast
Channel: Libraría Aira das Letras » Rinoceronte Editora
Viewing all articles
Browse latest Browse all 20

UN DÍA NA VIDA DE IVÁN DENÍSOVICH, por Solzhenitsyn

$
0
0

Maquetación 1Iván Denísovich, un humilde labrego, é un dos millóns de cidadáns que, sen saber ben como nin por que, acaban nos campos de traballos forzados soviéticos como presos políticos. Acusado de ser espía tras escapar do cativerio alemán durante a guerra, Iván Denísovich é condenado a dez longos anos en Siberia. Aprenderá deseguida a arte da supervivencia e dará testemuño de que nin sequera a crueldade daquelas condicións pode crebar a unha persoa honesta e espelida. Este minucioso retrato da vida cotiá dos campos penitenciarios, infundido dunha poderosa mensaxe humanista, abraiou a sociedade soviética, por primeira vez publicamente confrontada coa realidade da represión stalinista. O seu mérito literario foi recoñecido internacionalmente coa concesión en 1970 do Premio Nobel ao seu autor. Un día na vida de Iván Denísovich é merecidamente considerado un clásico do século XX. Neste enlace podes ver un fragmento.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 20

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú