Quantcast
Channel: Libraría Aira das Letras » Rinoceronte Editora
Viewing all articles
Browse latest Browse all 20

O tradutor cleptómano, de Dezso Kosztolányi

$
0
0
  • Tradución do húngaro de Jairo Dorado Cadilla
  • Locución de Santiago Cortegoso
  • CD en MP3 a 320 kbps
  • Duración: 2:04:01

Dotado dun fino humor negro, dunha curiosa retranca e dunha forte imaxinación, os relatos de Kosztolányi chegan a ser universais partindo do local. Describe a vida centroeuropea de entreguerras, de burgueses e soñadores, cun filtro acedo, crítico e cruel pero tamén dun xeito atemporal, facendo das cousas máis cotiás e das historias máis incríbeis unha alegoría dos caracteres de todos os seres humanos. Os seus relatos mostran o lado máis humano pero tamén máis escuro de todos nós, de todo o que devecemos –ou tememos– ser, da deshumanización e da tenrura, dos medos, soños, aspiracións dende unha óptica fortemente surrealista.

Dezso Kosztolányi (1885-1936) foi poeta, ensaísta, narrador e tradutor (entre outros, de Shakespeare, Wilde, Rilke, Goethe, Baudelaire, Verlaine e Maupassant). Publicou cinco libros de poemas, catro novelas e dous volumes de relatos, dos que proceden os contos aquí escolmados.

Kosztolányi é o grande escritor húngaro do século XX e probablemente un dos máis influentes de Centroeuropa. Mestre dos seus compatriotas Sándor Márai e Péter Esterházy, influíu fondamente no iugoslavo Danilo Kis. Tradutor, xornalista á par que frutífero escritor, anovou a literatura húngara dotándoa dunha gran carga irónica, creando personaxes que son parte do imaxinario colectivo do seu país.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 20

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú