Quantcast
Channel: Libraría Aira das Letras » Rinoceronte Editora
Viewing all articles
Browse latest Browse all 20

A casa de Mango Street, de Sandra Cisneros

$
0
0
  • Tradución do inglés de Alicia Meléndez Sousa
  • Locución de Sonia Rúa
  • CD en MP3 a 320 kbps
  • Duración: 2:01:54

A casa de Mango Streeté una historia colectiva e metafórica formada por 44 contiños conectados entre si polo punto de vista da súa narradora e protagonista, unha nena que vive nun humilde barrio hispano de Chicago. Esperanza esperta á adolescencia sentindo que non pertence, ou non quere pertencer, ao mundo que a arrodea, e soña con poder ser a dona da súa vida e do seu futuro.

A través dun estilo fugaz e directo, definido pola autora como “antipoético”, A casa de Mango Street, describe con breves pinceladas a situación socioeconómica da muller chicana nos Estados Unidos. Considerada xa un clásico da novela de aprendizaxe, expón temas coma a inmigración, a pobreza, o machismo, ou a desigualdade entre os sexos cun lirismo e unha proximidade que fan imposible que o lector non se sinta identificado cunha obra que descobre ata que punto os nosos medos e os nosos desexos son universais.

Sandra Cisneros naceu en Chicago en 1954, sendo a menor de sete irmáns homes. Na actualidade está considerada a mellor narradora chicana contemporánea, e o seu papel na literatura feminista é incuestionable. Comprometida de maneira destacada cos máis desfavorecidos do seu país e, por encima de todo, coa situación das mulleres, Cisneros describe cun estilo conmovedor a súa propia realidade e o complicado de atopar unha identidade e un lugar no mundo cando se é unha muller chicana.

A autora publicou os poemarios Bad Boys (1980), My Wicked Wicked Ways (1987) e Muller ceiba (1994), a antoloxía de contos Woman Hollering Creek (1991), a novela Caramelo (2002) e o conto infantil bilingüe Hairs/Pelitos (1994). A casa de Mango Street (1984), a súa primeira novela, foi un éxito rotundo dende a súa publicación. Eloxiada de forma unánime pola crítica e por un público que abarca todas as idades, utilízase en moitas escolas dos Estados Unidos como lectura obrigatoria.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 20

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú